Blog facebook Cidade da Cultura de Galicia CdC Ciudad de la Cultura de Galicia City of Culture of Galicia Monte Gaiás Santiago de Compostela Galicia Spain Peter Eisenman ...

Cidade da Cultura, Cidade da Tecnoloxía ...

(Reportaxe da revista tecnolóxica galega Código Cero aparecida no seu nº94 de papel, páxinas 16-19)


O desafío da Sociedade da Información:

Un proxecto de tal envergadura como a Cidade da Cultura de Galicia, emprazada en Santiago de Compostela, precisa tecnoloxía de vangarda para dar acubillo, divulgar e comunicar o coñecemento para o que, precisamente, foi constituída. Asemade, tendo en conta o impulso de modernidade que alenta o miolo deste complexo cultural, achegado polo arquitecto americano Peter Eisenman, deseñador da Cidade, era natural que se quixera responder con diversas tecnoloxías innovadoras aos desafíos da Sociedade da Información. Isto a nivel xenérico. A nivel específico, cómpre sinalar que cada un dos seus edificios dá acubillo a avanzadas solucións e servizos tecnolóxicos para a posta en marcha de servizos dirixidos á preservación do patrimonio e da memoria, á investigación, á experimentación, á produción e a difusión dos eidos das letras, a música, o teatro, a danza, o cinema, as artes visuais, a creación audiovisual e a comunicación. A continuación, damos conta dalgúns dos principais equipamentos e solucións dirixidas a ampliar até onde sexa posible o diálogo do noso pobo, e da Cidade da Cultura, coa súa contorna e co ámbito creativo, social, turístico e económico de alén das nosas fronteiras. Rede de vídeo IP e Mediateca Dixital Coa finalidade devandita de reforzar as posibilidades comunicativas da Cidade da Cultura, encargóuselle ás empresas Vitelsa e Itelsis o desenvolvemento e aplicación da Rede de Vídeo IP e a Mediateca Dixital do complexo compostelán. A proposta tecnolóxica presentada por ámbalas dúas compañías éfroito da ampla experiencia das firmas en materia de proxectos de integración e xestiónde contidos audiovisuais sobre redes. O seu reto era de magnitude: cubrir as necesidades expostas polo proxecto cultural do monte Gaiás. O resultado é, en palabras dos responsables da xestión do complexo, completamente innovador nas súas prestacións e características, integrando baixo o mesmo fluxo de traballo as diferentes fases da xestión de contidos audiovisuais. Esta arquitectura de sistema, na que colabora tamén Xtream SIG (empresa do grupo Vitelsa), ofrece altas prestacións cunha estrutura construtiva baseada en plataformas abertas e estándares audiovisuais da industria, co obxectivo de garantir a interoperabilidade entre sistemas. O deseño salienta pola súa escalabilidade en número de canles, almacenamento, proceso e concorrencia de consultas, contando con interfaces abertas baseadas en XML e APIs dei integración. A arquitectura do sistema dispón dos seguintes módulos funcionais, totalmente integrados entre si:

• Sistema de captación e transcodificación de TV. Integrado por Itelsis, é quen deconverter en fluxos multicast MPEG-2 sobre a rede IP os servizos de radio e televisión presentes nos sete múltiplex dixitais TDT procesados, así como os servizos de televisión recibidos vía satélite mediante captación a través de receptores DVB-S. A configuración destas canles realízase dende un posto de operación e poden dirixirse ao sistema de presentación para a súa descodificación e emisión nunha ou varias das pantallas de alta definición distribuídas polo complexo. A maiores, estas canles poden ser gravadas, editadas, catalogadas e almacenadas na Mediateca Dixital.

• Sistema de codificación de sinal en vivo a IP. Dous codificadores MediaHUB-HD carretábeis permiten a codificación e difusión webstreaming en alta definición e en tempo real de aqueles eventos ou espectáculos desenvolvidos na propia sede da Cidade da Cultura. Ao igual que as canles procedentes do sistema de captación e transcodificación de TDT, os fluxos de vídeo procedentes destes codificadores tamén poden ser enviados ás pantallas do sistema de cartelería dinámica ou á Mediateca para o seu almacenamento.


• Sistema de arquivo dixital e xestión de contidos (Mediateca). Para integrar este sistema empregouse a solución Mediabox, desenvolvida pola compañía Xtream Sistemas de Información Global, que permite documentar e xestionar tanto os contidos audiovisuais gravados da TDT como aqueles contidos importados ou directamente dixitalizados nunha estación de inxesta ou codificador portátil presente no centro. Mediabox posibilita a xestión multicanle e centraliza toda a información recibida das diferentes fontes, controlando o acceso dos usuarios á consulta, catalogación, selección e envorcado dos contidos, segundo os perfís. Dende a aplicación Mediabox tamén se realizan os procesos de procura, escolma e transcodificación dos materiais que se estime oportuno pór a disposición do público, con capacidade para xestionar de xeito nativo múltiples formatos de audio tanto en definición estándar como en alta definición. Asemade, o sistema Mediabox permite realizar a transcodificación cara a formatos MPEG-4 para streaming en Internet ou 3GPP para streaming a móbiles.

• Sistema de cartelería dinámica para información ao público. O sistema integrado por Vitelsa e Xtream está baseado na solución C-Nario e é totalmente adaptable a incrementos de uso ou de funcións. Configúrase no inicio con 10 pantallas de plasma Full HD de Sony, que pode emitir até cinco canles independentes. Cada canle admite un deseño e maquetada multicapa e é codificado en MPEG-4, pudendo ser enviado a unha ou múltiples pantallas do sistema, ademais de poder ser visualizado nos PCs multimedia conectados á rede IP da Cidade da Cultura. A xeración e o control destas canles lévase a cabo dende o portal de xestión centralizado. Os operadores das canles de información internas e cartelería dinámica poderán buscar e extraer da Mediateca aqueles contidos de interese precisos para a composición das grellas de emisión.

• Sistema de streaming de vídeo. Os servizos de streaming de vídeo para a web e telefonía móbil están dispoñibles a través dun portal de acceso a usuarios. O servidor Darwin Streaming Server soporta os protocolos http, RTP e RTSP e permite configurar cada streaming como unicast ou multicast, empregando protocolos UDP e TCP.

• Portal de xestión da rede de vídeo IP. Para facilitar a xestión da rede de vídeo IP despregada desenvolveuse dende Xtream unha aplicación a medida que permite centralizar a xestión dos distintos sistemas que lle dan corpo. Este portal posibilita a centralización da selección dos sinais a emitir como a vía da difusión elixida sobre un interface web de emprego doado para os usuarios, que achega ademais un acceso seguro para os administradores e a posibilidade de conexión remota.



Analizamos en detalle as principais características da rede 
do complexo cultural do Monte Gaiás 


A rede da Cidade da Cultura é unha rede multiservizo (voz, vídeo, datos), baseada en estándares, flexible cara a incrementos de traballo e uso, e que ten capacidade para ofrecer servizos extremo a extremo, habilitándose para posibles evolucións, tanto a nivel de novo hardware ou servizos que se prevén indispensables como no que se refire ao control de acceso seguro, o multicast ou IPv6. Segundo informan os responsables do complexo, apostouse con esta rede por servizos e tecnoloxías punteiros e innovadores para abordar as necesidades do proxecto, “porén nada disto é de verdade relevante se non se apoia sobre un equipamento e, sobre todo, un deseño de rede que sexa quen de soportar os restos e a criticidade das aplicacións que corren por enriba”. O modelo que se afianzou na Cidade da Cultura é un modelo multicapa. Este modelo consiste nunha arquitectura de rede en tres estratos: core, distribución e acceso. O sistema permite deste xeito deseñar e pór en marcha redes de forma efectiva e adaptable. Este deseño permitiu desenvolver no complexo do Gaiás “unha rede de alta dispoñibilidade, predicible, modular e fiable”, sinálase. O despregue de toda esta infraestrutura contou coa experiencia e tecnoloxía da compañía Cisco Systems.   Punto por punto e volvendo ás devanditas características da rede, sinalar que a alta dispoñibilidade vén dada polo seu potencial para estar a tempo completo dando servizo e operativa. A alta dispoñibilidade é función da aplicación así como da conectividade extremo a extremo da rede entre o dispositivo cliente e un servizo específico. Un deseño de rede determinista é o principal factor para permitir esta marxe ampla de manexabilidade e función. O Mean Time Between Failure (MTBF) de compoñentes individuais tamén se debe de tomar en consideración. Para que unha rede sexa determinista, o deseño debe ser o máis sinxelo e estruturado posible. Isto conséguese desenvolvendo e poñendo en marcha unha rede xerárquica como a que se integra na Cidade da Cultura. Neste senso, a tecnoloxía de Cisco VSS facilitou e potenciou este obxectivo de dar alta dispoñibilidade. Polo que respecta ao seu carácter de predicible, sinalar que isto vén dado pola súa capacidade de prever os fluxos de tráfico e comportamentos aos que dea acubillo. Este aspecto, sinálase dende a Fundación Cidade da Cultura, é moi importante para unha xestión óptima e para o amaño rápido de calquera incidencia antes mesmo de que se dea esa incidencia. Neste senso, e para facérmonos unha idea, cómpre sinalar que unha rede non predicible pode converter a xestión e seguimento de incidencias nun auténtico pesadelo. En base a isto, moitas decisións de futuro con respecto á rede da Cidade poderán tomarse só “baixo un coñecemento preciso do comportamento do tráfico, como é a integración de QoS, calidade de servizo, ou ben cando se está a decidir como implementar redundancia perante 
caída de equipos”.  No que atinxe á modularidade, sinalar que significa que a rede está feita de distintos bloques funcionais, cada un achegando funcións específicas e concretas. A principal vantaxe da modularidade apréciase cando se realizan cambios na rede. Os bloques pódense quitar e poñer sen levar a cabo un redeseño con cada operación. Asemade, a modularidade implica tamén illamento, os bloques están separados e interactúan entre eles a través de camiños concretos de forma que se fai máis doado o control e a seguridade. A fiabilidade da rede é a capacidade de recuperarse ou axustarse ante un posible fallo ou cambio e considérase un dos elementos clave para acadar a dispoñibilidade alta da que falabamos previamente. Factores que afectan á fiabilidade son o bo uso e a posta en marcha de mecanismos de failover e protocolos de routing, que acadan tempos de converxencia moi rápidos tras alteracións ou caídas da rede. Como dixemos ao comezo deste artigo, o modelo que se afianzou na Cidade é un mode- lo multicapa. Isto que significa? Pois que está formado por unha arquitectura de rede en estratos, cunha estrutura que achega a posta en marcha de redes máis efectivas. O deseño multicapa permite cubrir as necesidades actuais e vindeiras dunha entidade, empresa ou institución. Este deseño, informa a Cidade da Cultura, posibilita a construción dunha rede doada de entender e de xestionar, con patróns de tráfico previsibles, sendo os seus compoñentes as seguintes tres capas: a capa de acceso, a capa de distribución e a capa de core (backbone), cuxas principais vantaxes son a xerarquía e a modularidade. Malia que cada estrato cumpre funcións específicas, hai servi- zos que se manteñen extremo a extremo de xeito que se garantan a través de toda a xerarquía da rede. Estas funcións son, por exemplo, a calidade de servizo (QoS) ou a seguridade, que en cada capa cubrirán as necesidades que correspondan. O soporte de multicast e de IPv6 a través de toda a rede son igualmente importantes nestes días nos que o multicast está a gañar cada vez máis presenza e nos que o Ipv6 amósase como clara evolución do Ipv4, que tiña uns rangos xa esgotados. Nun modelo como este, as capacidades e as fun- cións dun determinado disposi- tivo están optimizadas segundo a súa posición e máis o seu cometido na rede. Un deseño xerárquico evita, asemade, a necesidade de mallar ao cen por cen os nodos que constitúen a rede. O modo multicapa é o máis usa- do nos contornos empresariaisa día de hoxe, e é o que se seguiu na Cidade da Cultura. 



WLAN

A rede WLAN desenvolvida na Cidade da Cultu- 
ra baséase en tecnoloxía 802.11n, con puntos 
de acceso dual-band (2,4 Xhz e 5 Xhz) e tanto 
con antenas integradas como con externas. Esta 
arquitectura centralizada permite ter unha solu- 
ción extremo a extremo integrada, posibilitando 
servizos de localización de activos, persoas ou 
visitas, co mesmo sistema de xestión co que se 
manexan a rede WLAN e máis as coberturas. O 
Cisco WCS permite xestionar mapas de cobertu- 
ra sobre o plano do edificio, á vez que se achega 
visualización dos clientes Wi-Fi conectados, e até 
aos potenciais hackers (clientes ou puntos de ac- 
ceso Wi-Fi non asociados á rede). Con este equi- 
pamento, por certo, tamén poden despregarse 
puntos de acceso para dar servizo en exteriores. 
A solución de Cisco, de feito, é compatible en 
exteriores e máis en interiores e xestiónase coa 
mesma plataforma, WCS. 
A rede sen fíos pretende dar internet a disposi- 
tivos Wi-Fi. O gran reto, informan dende a Cida- 
de da Cultura, é poder achegar unha calidade 
de servizo semellante á rede de cable, tanto en 
velocidade, como en seguridade e calidade. Cos 
estándares xa dispoñibles no mercado e as ca- 
pacidades propias da rede desenvolvida basea- 
da en controladora de Cisco 5508 e Aps 1252 e 
1142, é posible subministrar anchos de banda 
teóricos de 300 Mbps por AP, aplicar QoS nos 
interfaces radio para garantir aplicacións críti- 
cas como VoWLAN (voz sobre Wi-Fi) e integrar 
seguridade dun punto a outro con mecanismos 
de acceso fiables baseados en 802.1x/WPA2 e a 
aplicación de IPS na propia controladora. 
A maiores, e como unha das grandes caracterís- 
ticas dos puntos de acceso Cisco, cómpre salien- 
tar a súa capacidade de soportar vídeo. O vídeo, 
sinalan, fai neste caso concreto un uso intensivo 
de multicast, un tipo de tráfico cada vez máis es- 
pallado. O soporte eficaz de vídeo sobre WLAN 
foi tradicionalmente un reto a cumprir. Os Aps 
despregados no complexo teñen a capacidade 
de entender vídeo, o que se resume de xeito 
básico nas seguintes tres capacidades: mapear 
tráfico mcast a unicast a nivel de AP, priorización 
de diferentes fluxos de multicast e control de 
admisión (CAC) para vídeo. “Só con estas capaci- 
dades é posible un despregue estendido e eficaz 
de vídeo sobre unha rede sen fíos”, engádese.     
A rede Wi-Fi despregada na Cidade da Cultura 
soporta ademais funcionalidades para poder se- 
leccionar de xeito automatizado a banda dos 2.4 
Xhz ou os 5 Xhz, de forma que se optimiza e po- 
tencia a lonxitude de banda dispoñible median- 
te o uso das dúas bandas de maneira transpa- 
rente para o usuario. A través dunha tecnoloxía 
chamada ClientLink, esta rede optimiza de igual 
maneira o rendemento cando se atopan tanto 
clientes 11n como 11b/g asociados a un mesmo 
AP, que por defecto adopta pois as capacidades 
do máis lento co obxectivo de asegurar a com- 
patibilidade entre os dispositivos. Esta funciona- 
lidade é fundamental nestes anos de transición 
da tecnoloxía 11b/g/a a 11n. 



A xestión da 
rede

Sen unha boa solución de 
xestión”, informan dende a 
Fundación Cidade da Cultura 
de Galicia, “unha rede como a 
deste complexo, con múltiples 
tecnoloxías, servizos e plata- 
formas integrados ao longo 
e ancho da estrutura, sería 
moi complicada de controlar, 
supervisar e manexar”. Neste 
senso, engaden, o emprego de 
plataformas dedicadas por tec- 
noloxía permite a escalabilida- 
de das mesmas, garantíndose 
unha xestión completa e espe- 
cializada. A integración e o en- 
tendemento entre elas permite 
ver a rede como unha solución 
única a administrar. No caso da 
Cidade da Cultura son varias 
as plataformas de xestión que 
operan na rede. Cómpre sa- 
lientar o WCS (Wireless Control 
System), para toda a xestión 
da rede sen fíos, o CSM (Cisco 
Security Manager) para toda 
a xestión de seguridade, ou o 
MARS (Monotoring Analisys 
and Response System) como 
ferramenta de correlación de 
eventos. Tamén é preciso des- 
tacar o CiscoWorks LMS para a 
parte de infraestrutura de rede, 
amosando a topoloxía de rede, 
monotorización de rendemen- 
tos, xestión de inventario e 
máis de configuracións, etc.  


No hay comentarios: